Consello Regulador

O Consello Regulador da indicación xeográfica protexida “Pemento de Oímbra” é unha corporación de dereito público á cal se atribúe a xestión da denominación coas funcións que determina a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

O Consello Regulador da indicación xeográfica protexida “Pemento de Oímbra” ten personalidade xurídica propia e o ámbito das súas competencias está limitado ao pemento de Oímbra protexido pola IXP en calquera das súas fases de produción, almacenado, envasado e comercialización, e dos produtores e operadores inscritos nos seus diferentes rexistros.

O Consello Regulador está formado por unha presidencia e cinco vogalías.