Orixe

A agricultura foi sempre a principal ocupación dos habitantes da rexión de Verín, encoraxados por un microclima peculiar e a fertilidade do solo. Os Pementos de Oímbra vense collendo para a produción propia de tempos moi antigos, pero foi en 1997, cando un grupo de produtores decidiron crear a Cooperativa Lavandeira, adicada á produción e promoción deste pemento característico que da fama o todo o val.

O cultivo comezou no concello de Oímbra con técnicas de produción moi arcaicas que, aos poucos, foron melloradas, representando hoxe un complemento importante para as rendas do sector vitivinícola.

Actualmente a agricultura é practicada cun enfoque semi-intensivo e baixo irrigación, que permite rendementos moi altos. O produto é comercializado principalmente no mercado local de Verín e feiras locais na provincia de Ourense. Ademais, a área de Lugo é outro mercado tradicional que absorbe unha gran parte da produción.

Dende 1998 celebrase un evento gastronómico da exaltación do Pemento de Oímbra a “Feira do Pemento” evento festivo de gran importancia realizada no pobo de Oímbra, sendo o seu principal obxectivo a promoción do produto, que se realiza anualmente a principios de agosto. Ademais de degustar pratos feitos con pemento, organizase un concurso gastronómico e conferencias técnicas para os produtores.